Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

A AGPTI anuncia gañadora do II Premio Xela Arias

Gardado en DIT Premio Xela Arias Asociación
A AGPTI anuncia gañadora do II Premio Xela Arias

Hoxe, Día Internacional da Tradución, o xurado do II Premio Xela Arias, conformado pola Xunta Directiva da AGPTI e por María Alonso Seisdedos (a premiada na edición anterior), decidiu, de entre todas as candidaturas presentadas, outorgar o II Premio Xela Arias á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

 

Este premio ten como obxectivo pór en valor a nosa profesión e o galego como lingua de traballo. Por este motivo, o xurado soubo apreciar a importancia que ten a FFT para a formación de profesionais da tradución e da interpretación en Galiza, desde a creación dos estudos de Tradución e Interpretación en 1992, cun significado transcendente para a profesionalización da tradución cara o galego. Ademais, a FFT é un axente imprescindíbel para a evolución continua do sector, non só pola formación senón pola súa implicación coa mellora das condicións de traballo dos e das profesionais.

 

Na actualidade, na FFT impártense os Graos en Linguas Estranxeiras, Tradución e Interpretación e Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e varios títulos de posgrao.

 

O premio entregarase durante a 12.ª edición da Culturgal (do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2019) no Pazo da Cultura de Pontevedra.