Acceso á zona privada

AGPTI

Volver á lista de novas

Curso de tradución xurídico-administrativa

Gardado en Cursos Actividades Asociación
Curso de tradución xurídico-administrativa

A AGPTI programou para o vindeiro 15 de novembro un curso que ten os seguintes obxectivos: ampliar a formación en lingua de especialidade xurídico-administrativa galega e española das e dos profesionais da tradución, afondar no coñecemento sobre terminoloxía especializada e xéneros documentais xurídico-administrativos e coñecer recursos útiles para ese tipo de tradución. O curso vai ter lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela e será impartido pola especialista e profesora da Universidade de Vigo Iolanda Galanes Santos.

 

Programa e horario:

10.00 - 10.30  Introdución
10.30 -11.30 Recursos
11.30 - 12.00  Pausa
12.00-13.00  Obradoiro de tradución I: Problemas de tradución.
13.00- 14.00  Obradoiro de tradución II: Interferencias, escrita arcaizante, nomes propios, nomes de leis, introdución á simplificación etc.

14.00-16.30  Pausa
16.30- 18.00  Xéneros documentais xurídicos e administrativos
18.00-18.30  Pausa
18.30- 20.30  Obradoiro de tradución III: Estratexias de simplificación.

 

O número de prazas é limitado, con admisión por estrita orde de chegada das solicutdes de preinscrición e preferencia para as socias e socios da AGPTI. Para se preinscribir é preciso cubrir este formulario. O prazo de preinscrición remata o 8 de novembro. As cotas de matrícula son 80 € para socios da AGPTI, alumnado da USC e da UVIGO; 100 € para socios da Rede Vértice e 135 € para non socios.

 

Pódese consultar todos os detalles neste documento.